見出し画像

本日はスペインのナショナルデー…ですが。

Apupos a Sánchez e berros de "dimisión" no desfile militar do 12 de outubro

O doce de outubro volveu celebrarse no paseo da Castellana, con aplausos e vivas ao Rei e sonoros apupos ao presidente do Goberno, pedindo a súa dimisión.

Na cerimonia participaron as altas autoridades do Estado. Tamén os membros do executivo, incluídos os ministros de Podemos. Si faltaron dous, a titular de Industria, que está no estranxeiro, e o Universidades, por razóns de saúde. Presenza tamén de líderes políticos como Pablo Casado ou Santiago Abascal, de presidentes autonómicos. Ausentes, como é habitual, o catalán e o vasco. Tampouco puideron asistir, por cuestións de axenda, o galego Núñez Feijóo e o manchego García-Page.

E outra ausencia destacada, a da princesa Leonor. Quedou no internado de Gales onde estuda. Explican dende a Casa Real que viaxar a España obrigaríaa a gardar cinco días de corentena á volta. Así que este foi o primeiro acto oficial da infanta Sofía sen a súa irmá maior.

Este ano tamén volveu o público, aínda que limitado, ao desfile das forzas armadas. E os protagonistas da xornada, as forzas armadas, con menos representantes que antes da pandemia. Desfilaron, aínda así, máis de 2.600 efectivos, 115 vehículos e 68 aeronaves, e a patrulla Águila volveu debuxar no ceo de Madrid a bandeira de España.

Tamén se volveu recuperar a tradicional recepción no Pazo Real, onde os monarcas saudaron a unhas 200 personalidades. Suprimiuse, iso si, o cóctel habitual e, por extensións, as charlas entre os asistentes. Si se pronunciaron nas redes. O presidente Sánchez exaltando a diversidade do noso país e líder da oposición, Pablo Casado, defendendo o Día da Hispanidade, fronte á falsa lenda negra contra a Historia de España, escribiu.


ここから先は

922字
この記事のみ ¥ 800

この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?