見出し画像

Estache bo! 2021.10.18

Polbo con fabas de Lourenzá

Ingredientes:

• 1 polbo cocido • Pemento doce Para cocer as fabas: • 1/2 kg de fabas de Lourenzá • 1 cebola • 1 cabeza de allos • 1 folla de loureiro • 1 allo porro • 1 cenoria

Para o rustrido: • 1 cebola grande • 2 dentes de allo • 1 cunca de concentrado de tomate • 1 pemento vermello • Auga de cocer o polbo • Auga de cocer as fabas • Sal e pementa

Elaboración:

Xuntamos o mar e a montaña que a ninguén engana. Cocemos o polbo e as fabas, e reservamos. Nunha tarteira, rustrimos a cebola co pemento e co tomate. Salpementamos, cocemos 5 minutos coa auga do polbo e trituramos.

Nunha tixola facemos unha allada co pemento doce e o allo. Reservamos, e na mesa tixola marcamos as puntas dos raxos do polbo. Desglasamos coa auga da cocción.

Xuntamos a allada, as fabas e o polbo na mesma tarteira. Deixamos cocer 5 minutos, empratamos e listo para comer…!!! Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Lourenzá, a Mª Carmen Seijo Otero, de Terras da Mariña, para recoller as fabas de Lourenzá.

Ademais, o noso cociñeiro Xoanqui Ameixeiras fará a receita cunha pequena axuda da súa veciña Isa Villanueva.

ここから先は

542字
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?