Estache bo! 2021.10.25
Filetes de lirios en salsa de noces
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Nogueira de Ramuín, a David González, en Finca A Tellada, para recoller o produto de hoxe: as noces. Ademais, o noso cociñeiro Xoanqui Ameixeiras terá unha visita da súa veciña Isa Villanueva.
Para o rebozado dos lirios: • 1 ducia de filetes de lirios • Fariña de garavanzo • Aceite de oliva • Sal
Para a salsa de noces: • 100 gr. de noces • 2 rebandas de pan para torrar • 2 dentes de allo • 1 culleriña de pemento doce • 1 cunca de Ribeiro • 2 tomates sen pel • 2 anchoas • ½ litro de caldo de peixe • Aceite de oliva • Sal e pementa • 2 culleradas de perexil fresco
Para o puré de pataca e espinacas: • 3 patacas cocidas • 200 gr. de espinacas • 1 xema dun ovo • Sal e pementa • Aceite da lata das anchoas • Nata
Elaboración:
Hoxe a salsa de noces dámoslle sabor a mar. Nunha tarteira, torrámolo pan, engadimos o allo, o pemento doce, o tomate, o viño, o caldo e salpementamos.
Cocemos uns 12 minutos e triturámolo xunto coas noces e unha anchoa. Facémolo puré mesturando as patacas e as espinacas cocidas, incorporamos a xema dun ovo, a nata e salpementamos.
Salgamos os lirios, pasámolos por fariña e fritímolos. Cocemos os lirios coa salsa durante un par de minutos, empratamos co puré, e listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?