Ensalada de tomates asados con parrochas
Hoxe Rafa Durán visitará a Juan de A Horta de Lucinda en Viñós (Arzúa) para recoller tomates do país e facer a fantástica receita de "Ensalada de tomates asados con parrochas".
Ingredientes:
- 2 kg. de tomates grandes
Para o mollo do tomate:
- 1 culleriña de ourego
- 1 culleriña de tomiño
- 1 culleriña de pementa
- 1 culler de perexil fresco
- 1 dente de allo
- Cebola frixida
- Sal
- 2 culleradas de pan relado groso
Nun cunco mesturamos:
- 6 culleradas de AOVE
- 3 culleradas de vinagre
- 1 culler de salsa de soia
Para as parrochas:
- ½ kg de parrochas
- 1 cunca con fariña de garavanzo
- Sal - Aceite de oliva virxe
Para a ensalada de cebola:
- ½ cebola vermella
- ½ cebola branca
- Ceboliño fresco picado
- AOVE, vinagre, sal e pementa
Elaboración: Hoxe os tomates van para o forno. Mesturamos ourego, tomiño, perexil, allo, cebola e pan relado por un lado. Por outro, 6 culleradas de aceite de oliva, 3 de vinagre, unha de soia e un chisco de pementa.
Cos tomates asentámolos nunha fonte de forno, cubrímolos co preparado do pan relado, e mollámolo co aliño. Enfornamos 20 minutos a 200 graos.
Preparamos unha ensalada de cebola cortada en xuliana con aceite de oliva, vinagre e sal. Friximos as parrochas, empratamos, e listo para comer…!!!
Ademais, Isabel Villanueva faralle unha visita a Xoanqui para descubrir que é o que está a cociñar.
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?