Estache bo! 2021.11.1
Milfollas de berenxena e queixo fresco
O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Friol a César, de Queixos Conchy, para recoller o produto estrela de hoxe: o queixo fresco.
Ingredientes
Para frixir as berenxenas: • 2 berenxenas • 1 litro de auga salgada • 1 cunca de fariña de garavanzo • Sal e aceite de oliva
Para o recheo: • 300 gr. de queixo fresco • 1 culler de coandro fresco • 2 culleradas de sementes de sésamo • Sal, pementa e AOVE • 3 tomates picados en dados sen pel nin sementes
Para acaramelar as cebolas: • 3 cebolas en xulianas • 2 culleradas de mel • 2 culleradas de vinagre • Sal • AOVE
Para a redución de viño Porto: • 1/2 cebola moi picada • Sal • 1 culler de fariña • 1/2 litro de caldo de polo • 1 cunca de viño Porto
Elaboración:
Hoxe o queixo fresco comémolo cunha berenxena fritida. Nunha tixola co fondo de aceite, acaramelamos as cebolas axudándonos de mel, vinagre e sal.
Nun cazo rustrimos a cebola, incorporamos a fariña, o viño e o caldo. Cocemos ata formar a salsa. Pasámola polo coador chinés e reservamos.
Nun cunco machucamos o queixo fresco, incorporamos o coandro, o sésamo, os tomates, aceite de oliva e salpementamos.
Friximos as berenxenas previamente pasadas por fariña, montámolo prato. E listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?