Tarteira de hamburguesas en salsa de champións Portobello
O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Diana, de Carnes do Ribeiro, en Ribadavia, para recoller hamburguesas mixtas. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña.
Ingredientes:
- 3 hamburguesas
- 1 cebola vermella moi picada
- 250 gr de champiñóns “portobello”
- 4 tomates secos
- 1 cullerada de pemento chouriceiro
- 3 culleradas de salsa inglesa
- 1/2 litro de caldo de carne
- Sal e pementa
- Aceite de oliva
Para o arroz en branco:
- 200 gr de arroz longo
- 2 dentes de allo
- 1/4 de pemento vermello
- 1 cunca de chícharos
- Aceite de oliva
- Sal
Elaboración:
As hamburguesas de hoxe non irán en pan, senón nunha tarteira cun fondo de aceite de oliva onde as marcamos e as reservamos. Na mesma tarteira, rustrimos ben a cebola, os tomates, o pemento chouriceiro e os champiñóns. Incorporamos a salsa inglesa, as hamburguesas e o caldo de carne.
Salpementamos e deixamos cocer uns cinco minutos. Para o arroz en branco rustrimos moi ben o pemento, o allo, e incorporamos os chícharos e o arroz.
Engadimos o dobre de caldo de carne e cocemos 15 minutos. Empratamos as hamburguesas co arroz e listo para comer…!!!
(Google翻訳)
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?