Risoto de embutido de cabaza e espárragos
Elaboración
O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Keila, de Nigrán, para recoller embutido de cabaza. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña.
Ingredientes:
Para o risoto:
- 250 gr de arroz redondo
- 1 manda de espárragos verdes frescos
- 1 ceboliña
- 1 allo porro
- 1 dente de allo
- 1 cenoria
- 1 embutido de cabaza
- 1 taco de queixo curado
- 1/2 cunca de viño branco
- 1 litro de caldo de polo
- 1 noz de manteiga
Para o caldo de verduras:
- Cebola
- A parte verde do allo porro
- 1 dente de allo
- 2 cenorias
- 1 folla de loureiro
- Sal
- Aceite de oliva
- 1/3 embutido de cabaza
Elaboración:
O prato vexetariano de hoxe imos a facelo cun embutido. Facemos un caldo rustrindo as verduras e un anaco de embutido de cabaza. Deixamos cocer 12 minutos na pota rápida e mantémolo quente. Nunha pota ou wok, rustrimos a cebola, o allo porro, o allo, a cenoria, os talos dos espárragos e un anaco moi picado do embutido de cabaza. Incorporamos o viño e o caldo aos poucos ata que o arroz estea case feito.
No último intre, incorporamos o embutido de cabaza, as puntas dos espárragos, o queixo e a noz de manteiga. Remexemos dous minutos máis, empratamos e listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?