Estache bo! 2021.10.22
'Wok' de arroz e cenoria frixida con choco
Ingredientes:
Para os chocos á prancha: • 2 chocos medianos • Allo e perexil • Sal gordo e pementa
Para o arroz e as cenorias frixidas: • 4 cenorias • 1 cebola vermella • 1 cunca de arroz longo • 2 dentes de allo • 1 noz de xenxibre fresco • 1 presa de coandro fresco • 2 culleradas de salsa de soia
Elaboración: Para a cenoria e o arroz frixido de hoxe, precisamos fritir as cenorias nun chisco de aceite de oliva. Incorporamos a cebola, o allo, o xenxibre e o coandro. Engadimos o arroz cocido e salteamos con salsa de soia. Nunha prancha marcamos a lume moi forte e sen aceite o choco. Cando estea listo, engadimos o machucado. Empratamos, e listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?