見出し画像

Estache bo! 2021.11.8

Zancos de pavo con mollo de zume de mazá


O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en A Castrexa a Paula, para recoller o produto estrela de hoxe: o zume de mazá. Ademais Xoanqui terá unha pequena visita da súa veciña Isa Villanueva.

Ingredientes:

• 3 coxas de pavo sen óso • 2 culleradas de améndoas torradas

Para o recheo: • 1/2 pemento vermello • 1/2 pemento verde • 1 cebola moi picada • Sal e pementa • Aceite de oliva • 1 culleradiña de curry • Chisco de auga

Para o mollo de zume de mazá: • 1 cunco de zume de mazá • 2 mazás • 2 culleradas de zume de limón • 1 noz de manteiga • Chisco de sal • Ceboliño

Para o arroz aromatizado: • 1 cunca de arroz largo • 1 noz de xenxibre • 1 culleriña de comiño • 1 culleriña de pementa

Elaboración:

Aos zancos de polo dámoslle sabor por dentro e por fóra. Rustrimos moi ben as verduras, salpementamos, incorporamos o curry, un chisco de auga, cocemos un par de minutos e deixamos arrefriar.

Nun cazo cocemos as mazás cunha noz de manteiga, incorporamos o zume de limón, un chisco de sal e o zume de mazá. Deixamos cocer 15 minutos a lume baixo. Enchemos os zancos, bridámolos e marcámolos.

Incorporamos o mollo de mazá e deixamos cocer 40 minutos.

Cocémolo arroz aromatizando con xenxibre, comiño, pementa e limón. Empratamos... E listo para comer…!!!  


ここから先は

597字
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?