Estache bo! 2021.11.4
Pa de cordeiro con arroz salvaxe
Ingredientes:
Para o cordeiro ao forno: • 1 pa de cordeiro • 1 cebola vermella • 2 dente de allo • 1 noz de xenxibre • 1 culleriña de canela • 1 culleriña de comiño • 1 culleriña de pemento doce • 1 chile • 1 sobre de azafrán • Sal e pementa • 2 culleradas de mel • Zume dunha laranxa • Aceite de oliva • 1 cunca de auga
Para o arroz salvaxe cocido: • 1 cunca de arroz • 3 cuncas de caldo • 1 cenoria • 1 cabaciña • 3 olivas negras • 3 olivas verdes
ELABORACIÓN: Podemos presumir moito dos cordeiros que temos en Galicia, e para preparar esta pa precisamos adobala cunha cebola vermella, dous dentes de allo, unha noz de xenxibre, o zume dunha laranxa, un chile, a canela, o comiño, o pemento doce e o azafrán. Asámola ao forno unha hora a 180 graos. Cocemos o arroz salvaxe, mesturámolo cas verduras e as olivas. Empratamos a pa co mollo que soltou, as verduras co arroz. E listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?