見出し画像

Estache bo! 2021.10.15

Troitas fritidas con patacas á vinagreta

Ingredientes:

Para a salmoira e fritura das troitas: • 1 ducia de troitas pequenas • Un anaco de unto • 1 cunca grande de fariña de garavanzo • 1 cullerada de pemento doce • 1 litro de auga con 100 gr. de sal Para as patacas no microondas: • 3 patacas • 1 cullerada de viño branco • 1 cullerada de ourego • Sal e pementa • 1 chisco de aceite de oliva

Para as patacas á vinagreta: • As patacas cocidas no microondas • 1 dente de allo • Aceite de oliva • 2 culleradas de vinagre de mazá • 1 cullerada de perexil fresco

Elaboración: Tres truquiños para frixir tres troitiñas. Metemos as troitas nunha salmoira durante 12 minutos. Mesturamos fariña de garavanzo con pemento doce, pasamos as troitas e frixímolas en aceite cun anaco de unto. Cocemos as patacas no microondas con sal e especias. Pasámolas pola tixola con aceite, pementa negra, allo, vinagre e sal. Empratamos as patacas coas troitas, e listo para comer…!!!

ここから先は

376字
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?