![見出し画像](https://assets.st-note.com/production/uploads/images/62446578/rectangle_large_type_2_9aba6909a361b90c80a9dc3668eeb47f.png?width=1200)
Torta "relada" de framboesas e chocolate
Hoxe Rafa Durán visitará a Xosé Antón Araúxo da Comunidade de Montes Do Couso en Gondomar para recoller framboesa e facer: Torta "Relada" de framboesas e chocolate.
Ingredientes:
- 5OO gr. de framboesas
- 1 cullerada de maicena
- 4 culleradas de azucre
- 1 libra de chocolate para fundir ou chocolate para cobertura
Para facer a masa:
- ½ kg de fariña de trigo
- 200 gr de manteiga sen sal
- 2 ovos
- ½ cunco de leite
- 120 gr. de azucre
- 1 sobre de lévedo
Elaboración:
A sobremesa de hoxe vai de framboesas. Nun cunco mesturamos a fariña, a manteiga, os ovos, o azucre, o leite e o lévedo. Amasamos e metémola masa no conxelador durante 20 minutos. Noutro cunco mesturamos as framboesas coa maicena e o azucre.
Relamos a masa cubrindo a fonte de forno, enriba as framboesas e uns anacos de chocolate. Cubrimos co resto da masa relada e enfornamos 40 minutos a 180 graos.
Derretemos o chocolate no microondas, metémolo na manga pasteleira, facemos as filigranas e directo ao conxelador. Empratamos e listo para comer…!!!
Así mesmo, Isabel Villanueva visitará de novo o plató para axudar a Xoanqui coa receita.
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?