Estache bo! 2021.10.29
Ensalada de faba redonda con xurelos ao sal
Ingredientes:
Para a ensalada: • 400 gr de faba redonda cocida • 1 cunca de olivas negras e verdes • Chiles verdes de conserva en vinagre • 1 cebola vermella moi picada • 1 pemento vermello asado • 8 tomates cereixa • 1 ovo
Para o aliño: • Perexil fresco • Aceite de oliva virxe • Vinagre de mazá • 1 dente de allo asado • A xema do ovo
Para os xurelos ao sal: • Sal para enfornar • 1 xurelo grande ou dous medianos • Reladura e zume dun limón
Elaboración: Hoxe a faba comémola fría. Deixamos a remollo a faba dun día para o outro. Cocémola xunto cunha cebola, unha cabeza de allos e unha cenoria durante 2 horas a lume baixo e reservamos. Asentamos o xurelo nunha cama de sal con reladura de limón e cubrímolo con sal e zume de limón. Enfornamos 30 minutos a 180 graos. Nun cunco mesturamos a cebola, as olivas, o pemento, os chiles, as fabas e o ovo cocido. Aliñamos cun emulsionado de aceite, vinagre, sal, pementa e perexil. Empratamos a faba redonda xunto co peixe ao sal e listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?