見出し画像

Feixóns redondos aliñados con lombo de salmón

O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Noelia Lata, de Colectivo Xebre, en Montemaior (A Laracha), para recoller feixóns redondos. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña.

Ingredientes:

- 1 kg de feixóns

- Sal para a auga de cocción

- Auga con xeo

- 1 limón en rodas

Para o salmón á prancha:

- 2 lombos de salmón

- 1 culler de aneto

- 1 limón

- Aceite de oliva

- Sal e pementa

Para o aliño dos feixóns:

- 3 culleradas de aceite de oliva virxe

- 1 culleriña de aceite de sésamo

- 2 culleradas de améndoa frita salgada machucada

- 1 cullerada de vinagre

- 1 culleriña de pementa negra

- 1 culleriña de comiño

- 1 culleriña de perexil fresco

- 1 culleriña de sal

Elaboración:

Hoxe cos feixóns facemos unha ensalada mesturando aceite de oliva e de sésamo, améndoa torrada, vinagre, pementa, comiño, perexil e sal.

Cocemos os feixóns durante 6 minutos e mesturamos co aliño da ensalada. Nun cunco xuntamos o aneto, o aceite de oliva, o sal, a pementa e o zume de limón.

Pintamos o salmón e marcámolo na prancha. Empratamos cos feixóns verdes, e listo para comer…!!!

ここから先は

519字
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?