Estache bo! 2021.10.19
Albóndegas de berenxena e queixo
Ingredientes:
• 300 gr. de espaguetes • 1 rama de alfábega fresca
Para a salsa: • 1 cebola asada • 1 dente de allo asado • 1 pemento vermello asado • 2 tomates grandes asados • Sal e pementa • 2 culleradas de aceite de oliva • 1 cullerada de vinagre balsámico
Para as albóndegas: • 2 berenxenas asadas • 1 cunca de queixo San Simón da Costa • 1 culleriña de ourego • 1 chisco de noz moscada • 1 chisco de “curry” • 1 cunca de pan relado • 1 clara de ovo • 1 cunca de fariña de garavanzo
Elaboración:
As albóndegas vexetarianas de hoxe, facémolas marcando as verduras e asándoas xunto coa berenxena. Retiramos a polpa da berenxena e mesturámola coas especias, o ovo, o queixo e o pan relado.
Formamos as albóndegas e pasámolas por fariña. Coas verduras asadas, facemos unha salsa, incorporamos un chisco de vinagre e salpementamos. Mesturamos esta salsa cos espaguetes. Friximos as albóndegas, empratamos cos espaguetes e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Lugo, a Pepe, da Cooperativa Lourenzá, para recoller berenxena. Ademais, Xoanqui fará esta deliciosa receita coa axuda da súa veciña Isa Villanueva.
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?